Mandriva Linux

Instruccións de Instalación

Configuración requirida

Instalar Mandriva Linux é, na maioría dos casos, tan sinxelo coma poñe-lo CD de Instalación na unidade de CDROM, e reinicia-la máquina. Consulte o punto 1.

NOTA:


Debaixo están listados os diferentes xeitos de instalar Mandriva Linux:

  1. Arrincar directamente dende o CD
  2. Crear un disquete de arrinque con Windows
  3. Outros métodos de instalación


1. Arrincar directamente dende o CD

O CD de Instalación é arrincable. Na maioría dos casos, insira o CD na unidade e reinicie a máquina. Siga as instruccións que aparecen na pantalla: prema a tecla [Intro] para inicia-la instalación, ou prema [F1] para obter axuda adicional.

NOTA:

Nalgúns ordenadores portátiles, pode ser que o sistema non sexa capaz de arrincar dende o CD. Neste caso, debe dispoñer dun disquete de arrinque. Mire o punto 2 para os detalles.

[ir ó comezo desta páxina]


2. Crear un disquete de arrinque con Windows

Se o seu ordenador non pode arrincar dende o CDROM, ten que crear un disquete de arrinque en Windows deste xeito:

Para comeza-la instalación:

[ir ó comezo desta páxina]


3. Outros métodos de instalación

Se por algunha razón os métodos anteriores non lle serven (quere facer unha instalación de rede, ou dende dispositivos pcmcia ou ...), tamén necesitará crear un disquete de arrinque:

Aquí está a lista de imaxes de arrinque:

cdrom.img instalar dende o CD-ROM
hd_grub.img instalar dende o disco duro (dende un sistema de ficheiros Linux, Windows, ou ReiserFS)
pode configuralo para o seu sistema en: http://qa.mandriva.com/hd_grub.cgi
network.img instalar dende ftp/nfs/http
NOTA: cómpre que insira network_drivers.img na súa disqueteira cando se lle indique
pcmcia.img instalar dende dispositivos pcmcia (advertencia, a maioría dos adaptadores de rede pcmcia están actualmente soportados directamente en network.img)

Tamén pode gravar boot.iso nun CDROM e arrincar dende el. Soporta tódolos métodos de instalación, cdrom, rede, e disco duro.

[ir ó comezo desta páxina]


Tamén pode usar unha instalación en modo texto se, por algunha razón, ten problemas ca instalación gráfica por defecto. Para usala, prema [F1] na pantalla de benvida de Mandriva Linux, e escriba text na liña de comandos.

Se precisa rescatar o seu sistema Mandriva Linux, insira o seu CDROM de Instalación (ou o disquete de arrinque correspondente), prema [F1] na pantalla de benvida de Mandriva Linux, e introduza rescue na liña de comandos.

Consulte http://www.mandrivalinux.com/drakx/README para obter máis información técnica.

[ir ó comezo desta páxina]


Estas son as principais etapas da instalación:

  1. Insira o CDROM de Instalación (ou o Disquete de Instalación se é necesario) e reinicie a máquina.
  2. Prema [Intro] cando apareza a pantalla de benvida de Mandriva Linux e siga coidadosamente as instruccións.
  3. Cando a instalación estea completa, retire o CD-ROM cando sexa expulsado (e tódolos disquetes das disqueteiras); a máquina debería reiniciarse. Se non o fai, reiniciea manualmente.
  4. Mandriva Linux debería iniciarse. Despois do arrinque, pode facer login na máquina usando a conta de usuario creada durante a instalación, ou coma "root".

Nota importante:

A conta "root" daralle acceso sen restriccións ó seu sistema Linux. Non a use agás para configurar ou administrar Linux. Para o uso cotián, utilice unha conta de usuario normal a cal pode configurar ca utilidade "userdrake", ou cos comandos "adduser" e "passwd".

Boa sorte con Mandriva Linux!

[ir ó comezo desta páxina]


Para obter soporte adicional, consulte as seguintes páxinas: